top of page
  • Data Entre hai 4,2 e 3,9 millóns de anos
  • Localización África Oriental (Lago Turkana, en Kenia e Middle Awash, na Etiopía)
  • Descubrimento 1965,  Lago Turkana (Kenia): parte dun úmero
  • Cranio Forma achatada similar ao dos gorilas, diferenciada principalmente pola súa maior capacidade cerebral.
  • Boca Máis pequena que a dun humano e a dun chimpancé, presenta unha forma moi característica mesturando a forma de U dos chimpancés coa de V dos humanos. Tiñan un esmalte moi groso que nos indica que comían follas froitas e alimentos duros. 
  • Comportamento Os restos foron atopados en zonas onde había bosque polo que cremos que tiñan costumes forestais, aínda que xa andaban erguidos. Cremos que vivían en grupos, nos que varios machos emparentados tiñan cadanseu harén de femias.

Australopithecus anamensis
 

Este ser similar ao A. afarensis preséntase como unha importante proba para a evolución xa que posúe trazos semellantes aos do seu descendente, aínda que aínda conserva moitas características da familia dos simios dos que se acaba de separar. Sobre o A. anamensis aínda quedan moitas dúbidas ( é un devanceiro directo da liñaxe do Ardipithecus ramidus? Xa eran omnivoros? Tiveron relacións con outras especies de hominidos?...), pero hai outras as que xa achamos resposta, por exemplo:
O seu peso: similar ao dun chimpancé
A súa altura: menor que a dun chimpancé
Tiñan dimorfismo sexual, os machos eran maiores que as femias.

bottom of page