
- Data sobre hai 4,4
- Localización África Oriental (Etiopía)
- Descubrimento 1994, rexión de Middle Awash (Etiopía): máis de 100 individuos.
- Cranio Alongada con características humanoides ( orificio occipital posterior …)
- Boca Entre homínido e simio presentaban grandes incisivos, molares cadrados, caninos en forma de diamante, esmalte fino similar ao dos chimpancés ….
- Comportamento Esta especie de homínido comezou a ser omnívora, pero gustaba máis de alimentos brandos como a froita e a carne que de alimentos duros como froitos secos, sementes e tubérculos. Tamén sabemos que era unha especia bípede.
Ardipithecus ramidus
Ardipithecus ramidus é un dos nosos antepasados que mellor temos documentados graza ao amplo catálogo de pezas del que dispoñemos. En 1994 achouse un individuo case completo: Ardi. Grazas a esta femia de ramidus sabemos que esta especie xa era bípede e que o seu corpo xa non estaba adaptado para vivir unicamente nas árbores, senón que xa lles permitía erguerse e camiñar alzados. Ademais temos moitos datos sobre o que ten que ver co seu cranio, que era alongado como o dos simios, pero que xa presentaba moitos dos trazos que despois teriamos nós ( orificio occipital posterior, fusión semimóbil da columna …). A súa mandíbula xa estaba preparada para o omnivarismo e o seu aparato dixestivo tamén; os seus dentes entre homínido e simio presentaban grandes incisivos, molares cadrados, caninos en forma de diamante, esmalte fino similar ao dos chimpancés …
Sabemos de Ardi que era unha femia, polo que había dimorfismo sexual; que medía sobre 1,2 m; que pesaba uns 50kg e que xa estaba a perder forza e mobilidade nos pés, o que nos indica que pasaba moitas horas de pé ou camiñando de maneira bípede.
A pesar de que temos toda esta información, aínda nos quedan moitas cousas por descubrir desta especie como: a súa relación cos Ardipithecus kadabba, como se modificou a especie ata chegar ao Australopithecus anamensis …

