
- Data Entre hai 1,8 e 1,5 millóns de anos
- Localización África
- Descubrimento 1975 Koobi Fora (Kenia): dous cranios.
- Cranio Tiñan un cranio robusto, alto, con ósos máis delgados e sen cresta saxital. A súa capacidade cranial era de entre 800 e 850 cm3. A súa cara era relativamente pequena e se asemellaba moito a dos homo sapiens, diferenciábase pola falta de barbela e a fronte que aínda non era tan alta.
- Boca A súa mandíbula era moi similar a nosa, con forma de V, incisivos e caninos grandes e molares e premolares en diminución de tamaño.
- Comportamento Estes individuos xa eran capaces de fabricar ferramentas de forma premeditada. Sábese que o seu comportamento social era complexo, e que tiña unha xerarquía moito mais confusa, con grupos familiares dentro da propia comunidade. Especúlase con que esta foi a primeira especie en comunicarse de maneira simbólica e se xa eran capaces de expresar os seus sentimentos.
Homo ergaster
O homo Ergaster é unha especie que segue a ser discutida hoxe en día polas súas similitudes co homo erectus, importantes institucións, como o Smithsonian, non aceptan a súa existencia, aínda que hai moitas outras que si que a apoian.
En todo caso, o Homo Ergaster foi a rama Africana que se deu no tempo do homo erectus. Presenta trazos que o posicionan como unha importante especie na historia da humanidade:
• A súa capacidade cranial era de entre 800 e 850 cm3
• A súa cara era relativamente pequena e asemellábase moito a dos homo sapiens; diferenciábase pola falta de queixo a fronte que aínda non era tan alta.
• A súa mandíbula era moi similar a nosa, con forma de V, incisivos e caninos grandes e molares e premolares en diminución de tamaño.
• As características máis importantes deste ser danse no apartado do seu comportamento, xa que:
o Foi o primeiro ser en fabricar ferramentas de forma premeditada.
oO seu comportamento social era complexo, tiña unha xerarquía moito máis confusa, con grupos familiares dentro da propia comunidade.
oEspecúlase coa súa capacidade lingüística e coa súa capacidade de expresar
sentimentos, xa que, moitos científicos din que o homo ergaster foi o primeiro ser en
contar con estas capacidades.
Aínda que sabemos todo isto sobre o homo ergaster, esta especie non se coñece moi ben, e como non é aceptada por todos os grupos científicos moitos dos datos cos que se traballa non son máis que suposicións.

