top of page
  • Data Entre hai 2 e 1,2 millóns de anos
  • Localización África Austral
  • Descubrimento 1938Kromdraai (Sudáfrica): unha mandíbula e un molar.
  • Cranio Cunha capacidade cranial de entre 550 e 600cm3, o seu cranio presentaba unha forma moitísimo máis grande, xa que os seus músculos maxilares estaban moi desenvolvidos, creando unha cresta saxital bastante grande. O seu rostro era achatado e tiña unhas meixelas avultadas.
  • Boca Cunha mandíbula especialmente grande en forma de V presenta uns grandes molares e uns caninos pequenos. Presenta un groso esmalte que lle permitía alimentarse de alimentos duros, aínda que tamén inxerían froitos, follas e insectos.
  • Comportamento Non coñecemos con exactitude os seu comportamentos, pero si que podemos falar dun ser cunha importante intelixencia, polo que se cre que xa era quen de facer ferramentas sinxelas, aínda que non se atopou ningún fósil que o demostre.



O Paranthropus Robustus é un exemplo da evolución dos australopithecus cara a seres máis fortes e intelixentes. Este ser habitou o sur de África dende hai 2 millóns de anos ata hai uns 1,2 millóns.

Presentaba un cranio extremadamente grande para a súa capacidade cranial (entre 550 e 600cm3); isto explícase por culpa da súa  grande cresta saxital e dos seus grandes músculos maxilares.

Paranthropus robustus

A cara deste ser primitivo presentaba unha fronte pequena, unha estrutura achatada, unhas meixelas avultadas e unha grande mandíbula en forma de V que dispuña duns grandes molares e premolares cun groso esmalte e uns pequenos caninos. Grazas a estes fortes dentes de mandíbula era capaz de alimentarse de alimentos moi duros como froitos secos, tubérculos, raíces … , aínda que tamén se alimentaba de follas, insectos e froita.

O seu dimorfismo sexual estaba moi avanzado:
Machos: 54Kg e ata 1,20m
Femias: 40kg, menos de 1m
Ademais os machos presentaban unha cresta saxital máis avultada e maior cantidade de pelo.
Descoñecemos con exactitude moitas cousas desta especie, polos poucos restos que se atoparon ata agora. Algunhas dubidas son:

 

 

Para visualizar as animacións, necesitas 3DCT Plugin. Descarga o plugin (gratuito e de software libre) para Internet Explorer ou para Firefox, safari ou Chrome. Se segues sen poder velo, descarga este paquete de emerxencia.

• Xa eran capaces de realizar ferramentas?
• Como se relacionaban entre eles?
• Era a súa alimentación mais carnívora do que cremos?
• Como foi a súa relación co resto de especies que habitaron o mesmo tempo?
• Os nenos que se atoparon nalgunhas zonas eran algo común entre os Paranthropus Robustus?

 

bottom of page