
- Data Entre hai 2,3 e 1,2 millóns de anos
- Localización África Oriental
- Descubrimento 1959, oldubai (Tanzania): un cranio
- Cranio Tiñan unha capacidade cranial reducida 515cm3 , unha cresta saxital moi forte a que se soldarían uns fortes músculos mastigadores, a súa cara era ancha e redonda e a súa unión coa columna vertebral estaba lixeiramente adiantada, similar a do homo sapiens.
- Boca Tiñan unha mandíbula moi forte con uns incisivos pequenos, pero uns molares extremadamente grandes.
- Comportamento Eran bipedes e a súa alimentación estaba baseada en vexetais.
Paranthropus boisei
O Paranthropus boisei foi un ser singular, xa que xunto co Paranthropus robustus e o aethiopicus conformou a familia dos Paranthropus. Dentro deles sobresae por ser o que ten características máis diferenciadas dos homos.
Presenta un cranio cunha capacidade cranial reducida, 515cm3, unha cresta saxital moi forte, un Foramen magnum ( o buraco polo que se conecta o cranio e a columna vertebral) máis adiantado que no seus antecesores e unha cara ancha e redonda que se foi asemellando a que terían os gorilas.
A súa mandíbula era moi forte cuns incisivos e caninos pequenos e uns molares e premolares moi grandes que lles permitían comer calquera tipo de vexetais. A súa alimentación exacta é un misterio, xa que morfoloxicamente parecen estar preparados para comer vexetais duros, pero a análise dos dentes nos levan a concluír que se alimentaban de follas e talos de plantas; en definitiva, alimentábanse de vexetais e ocasionalmente de termes e pequenos insectos.
Eran bípedes, pero pasaban moito tempo nas árbores.
Descoñecemos se eran quen de facer ferramentas, porque na actualidade aínda non se relacionaron restos de ferramentas con esta especie.
Sabemos que conviviron con ata tres tipos de homo, que co paso do tempo foron ampliando a súa capacidade cerebral, mentres os Paranthropus seguían coa súa mesma capacidade.

Para visualizar as animacións, necesitas 3DCT Plugin. Descarga o plugin (gratuito e de software libre) para Internet Explorer ou para Firefox, safari ou Chrome. Se segues sen poder velo, descarga este paquete de emerxencia.