top of page
  • Data Entre hai 2,4 e 1,4 millóns de anos
  • Localización África Austral e Oriental
  • Descubrimento 1960 Oldubai (Tanzania): espécime case completo.
  • Cranio Presenta unha capacidade cranial de sobre 660cm3, o seu cranio tiña unha forma redondeada, a súa cara era curta, cunha fronte moi pequena. O seu orificio occipital estaba centrado. A cresta saxital xa non aparece.
  • Boca Cunha mandíbula en forma de V presenta uns caninos grandes e fortes, uns premolares pequenos e alongados e uns molares grandes e fortes cunha grande capa de esmalte.
  • Comportamento Estes seres eran omnívoros, gustaban da comida branda e tiñan costumes peeiras. Presentaron por primeira vez unha sociedade con características xerarquizadas e familiares, nas que os lazos xa comezaron a crear unha cultura propia. Como o seu nome indica (habilis=practico) estes seres eran prácticos e xa eran capaces de crear infinidade de obxectos, como puntas afiadas.



Os homo habilis preséntanse como unha especie de importante interese, polas súas características morfolóxicas e sociais.

Se falamos dende un punto morfolóxico, estes seres presentan xa moitas características humanas, que, mesturadas coas simias, dan lugar a un ser moi diferente aos australopithecus.

Homo habilis

• Presentan unha capacidade cranial moi grande 660cm3
• O seu cranio tiña forma redondeada.
• A súa cara era curta, cun nariz achatado, unha fronte pequena e unhas cuncas dos ollos bastante grandes.
• O seu orificio occipital estaba centrado e a súa cresta saxital xa desaparecera.
• A súa mandíbula tiña forma de V e tiña uns grandes e fortes caninos, uns premolares pequenos e alongados e uns molares fortes cunha grosa capa de esmalte.
• As súas extremidades superiores xa se acurtaron, mentres que as inferiores seguían a ser longas e fortes.
• Nas mans e nos pés presenta uns dedos curvos, que nos indican que aínda non abandonaran  os costumes arbóreos.
Se nos fixamos nas características máis sociais, esta especie xa estaba moito máis avanzada cos seus devanceiros. Presentaron por primeira vez unha sociedade con características xerarquizadas e familiares, nas que os lazos xa comezaron a crear unha cultura propia.

 

Para visualizar as animacións, necesitas 3DCT Plugin. Descarga o plugin (gratuito e de software libre) para Internet Explorer ou para Firefox, safari ou Chrome. Se segues sen poder velo, descarga este paquete de emerxencia.

Outro importante punto desta especie é a grande cantidade de ferramentas que se atoparon e se relacionan con ela, estas ferramenta van dende puntas, a (o que se supoñen) frechas.
Aínda que temos grande cantidade de fósiles desta especie descoñecemos con exactitude moitos aspectos:
• É un devanceiro directo do homo sapiens?
• Como se relacionaba coas outras especies de homínidos?
• Eran máis cazadores do que cremos?
• A que foron debidos os seus cambios de comportamento?

 

bottom of page