top of page
  • Data Entre hai 2,7 e 2,3 millóns de anos
  • Localización África Oriental
  • Descubrimento 1967, conca do Turkana (Kenia): mandíbula sen dentes
  • Cranio Presenta características dos australopithecus, cara protuínte, capacidade cranial pequena de 410 cm3 e cresta cranial, e dos paranthropus, cresta saxital prominente e mandíbula saínte.
  • Boca Dos seus dentes e mandíbula temos poucos datos, pero o que si que sabemos e que tiñan grandes dentes mastigadores e que os músculos maxilares eran moi fortes.
  • Comportamento Tiñan unha dieta baseada nos vexetais, e sobre todo en vexetais duros como tubérculos  e raíces.

Paranthropus aethiopicus
 

O Paranthropus aethiopicus é un dos misterios da Paleontoloxía, polos poucos fósiles que temos deles; só dispoñemos dun cranio e mais dunha mandíbula.
 

O que si que coñecemos é:
 

•  As características do cranio: Presenta características dos australopithecus, cara protuínte, capacidade cranial pequena de 410 cm3 e cresta cranial, e dos paranthropus, cresta saxital prominente e mandíbula saínte.

• Algúns datos sobre a súa boca, que tiña grandes dentes mastigadores e uns músculos maxilares moi fortes.
• Supoñemos que era un ser bípede, pero non temos probas.
• Tiña unha dieta baseada en vexetais duros como tubérculos e raíces.
• O seu territorio era a sabana seca.

Descoñecemos o resto de características: como se relacionaban, como se desprazaban realmente, cal foi a súa verdadeira relación na árbore evolutiva, se son descendentes dos homo...

 

Para visualizar as animacións, necesitas 3DCT Plugin. Descarga o plugin (gratuito e de software libre) para Internet Explorer ou para Firefox, safari ou Chrome. Se segues sen poder velo, descarga este paquete de emerxencia.

bottom of page