top of page
  • Data Entre hai 6,2 e 6,5 millóns de anos
  • Localización África Oriental (Kenia)
  • Descubrimento 2001, cerca de Tugen (centro de Kenia): doce osos
  • Cranio Non se coñece
  • Boca Só temos datos dos dentes que xa tiñan unha capa de esmalte similar á actual.
  • Comportamento Supoñemos que eran seres que seguían a vivir nas arbores, aínda que xa eran capaces de manterse erguidos e de camiñar apoiando so as extremidades inferiores.

Orrorin tugenensis
 

O Orrorín Tugennensis é un dos homínidos máis antigos e presentase como o único dentro da familia dos Orrorin. Este ser seguía a ter características similares as dos simios, pero xa se diferenciaba deles. Polos datos que temos, podemos falar dun ser que xa pasaba moitas horas sobre as extremidades inferiores, pero que mantiña as extremidades preparadas para trepar ás arbores.
 

Destes seres supoñemos que seguían a ser herbívoros, aínda que xa tiñas caninos desenvolvidos seguían a ser máis importantes os molares machacadores.

Aínda descoñecemos moitas características destes seres: o seu peso e altura, se competiron cos Sahelanthropus tchadensis, como se orixinaron os seus costumes bípedes …

bottom of page