top of page
  • Data Hai uns 1,8 millóns de anos
  • Localización Europa e parte de Asia
  • Descubrimento 2002, Dimanisi (Xeorxia): un cranio.
  • Cranio Calcúlase que a súa capacidade cranial era duns 680 cm3, o seu cranio presenta unha forma redonda, similar ao do homo habilis, pero con pequenos cambios que o facían encamiñarse cara o homo erectus.
  • Boca A súa mandíbula era moi similar a nosa, con forma de V, incisivos e caninos grandes e molares e premolares pequenos.
  • Comportamento Estes seres xa eran cazadores, soían alimentarse de pequenos seres que mataban grazas as súas ferramentas primitivas. Sábese que eran seres cunha sociedade constituída por familias, nas que non había un xefe claro.

Homo Georgicus

O homo georgicus é outra especie complexa, porque se presenta como o paso intermedio entre homo habilis e homo erectus, e como pasa sempre coas especies eslavón, hai correntes científicas que din que non foi máis que subespecie de homo habilis. En todo caso, estes seres teñen a súa importancia na súa capacidade cranial, 680cm3, e na súa presentación como cazadores, isto os coloca un chanzo por riba do homo habilis, que seguía a ser preeiro.
A súa boca segue a ser moi similar a do homo habilis, só que os seus molares e premoalres xa tiñan un tamaño significativamente pequeno.
E difícil coñecer con exactitude as características destes seres, porque só se atopou unha familia nunha cova de Xeorxia, que debeu morre a causa dunha erupción volcánica.

 

bottom of page