top of page
  • Data Entre fai 1,9 e 1,8 millóns de anos
  • Localización África Oriental (norte do Kenia, posiblemente no norte de Tanzania e Malawi)
  • Descubrimento 1986 Lago Turkana (Kenia): cranio e mandíbula
  • Cranio Cunha capacidade cranial de entre 700 e 700 cm3, presenta un cranio máis alongado e aplanado que os homo habilis, a súa cara era ancha e achatada, cunha fronte moi pequena. As súa cuncas oculares son menos profundas.
  • Boca Cunha mandíbula en forma de V presenta uns caninos e incisivos grandes e fortes, uns premolares e molares moderados cunha grande capa de esmalte.
  • Comportamento Estes individuos crese que teñen os mesmos hábitos que  os Homo habilis.

Homo Rudolfensis

Os homo Rudolfensis son unha especie moi complexa de analizar pola falta de fósiles e as grandes similitudes que presenta cos homo habilis, e mais hai moitos científicos que din que esta especie é unha subespecie dentro dos homo habilis. En todo caso, presentan unha serie de características que o diferencian do homo habilis:
• Capacidade cranial maior: 750cm3
• Cranio máis alongado e aplanado.
• Cara ancha e achatada cunhas cuncas oculares menos profundas.
• Caninos e incisivos grandes e fortes e premolares e molares moderados cunha grande capa de esmalte.
Ao ser unha especie discutida aínda non existen uns características definidas sobre o seu comportamento, o seu tamaño, se houbo dimorfismo sexual… Polas súas similitudes co homo habilis, estipúlase que todo isto sería igual, pero aínda nos faltan datos.

Para visualizar as animacións, necesitas 3DCT Plugin. Descarga o plugin (gratuito e de software libre) para Internet Explorer ou para Firefox, safari ou Chrome. Se segues sen poder velo, descarga este paquete de emerxencia.

bottom of page