
- Data Hai uns 800.000 de anos
- Localización Europa
- Descubrimento 1997, Serra de Atapuerca (España): unha serie de individuos case completos.
- Cranio Calcúlase que a súa capacidade cranial era de máis l000cm3, o seu cranio e a súa cara presenta unha forma moi humana.
- Boca A súa mandíbula xa era como a nosa, a única diferenza se encontra no esmalte que segue a ser extremadamente groso.
- Comportamento Estes presentan unha novidade un pouco macabra, eran caníbales e gustaban de comer aos máis xoves da familia. Sabemos que aproveitaban todo o corpo das súas presas e que despois de desfacían dos restos tirando a pozos. Non sabemos con exactitude como era a súa sociedade, pero supoñemos que era bastante anárquica, con loitas internas e unha superioridade do macho sobre as femias e os máis xoves.
Homo Antecesor
O homo antecesor é unha especie da que só se encontraron restos na serra de Donaña, Atapuerca (España), polo que está cuestionada dende algúns sectores científicos, que a entenden como unha sub especie dos homo erectus, a realidade e que son moi distintos ao homo erectus. A súa capacidade cranial era de sobre 1000cm3, o seu rostro e mais o seu cranio presentan unha forma moi humana que nos fai pensar que é un antecesor directo do homo sapiens.
Un dos trazos máis impactantes destes seres é que eran caníbales e gustaban de comer aos máis xoves da familia. Sabemos que aproveitaban todo o corpo das súas presas e que despois de desfacían dos restos tirando a pozos. Non sabemos con exactitude como era a súa sociedade, pero supoñemos que era bastante anárquica, con loitas internas e unha superioridade do macho sobre as femias e os máis xovs.
Ao aparecer nun só lugar descoñecemos con exactitude ata onde chagaba o seu territorio, pero o que si que sabemos e que eran seres cunhas capacidades de creación de ferramentas similares ás do homo erectus, ou incluso maiores, xa que eran capaces de crear instrumentos para despelexar ás súas presas, pancas para abrir o seu cranio …
