top of page
  • Data Entre hai uns 300.000 e 160.000 anos
  • Localización África
  • Descubrimento 1921, Kabwe (Zambia): un cranio.
  • Cranio Tiña unha capacidade cranial de entre 1280 e 1325cm3, un cranio moi similar ao humano, pero cunha fronte afundida e un grande arco supraorbitario.
  • Boca Moi similar a humana, non se coñece con exactitude, porque o fósil atopado ata o de agora presenta unha dentadura moi desgastada e mal conservada.
  • Comportamento Cremos que eran omnívoros e vivían en grupos pero descoñecemos estes datos con exactitude, pola faltas de fósiles.

O Homo rhodesiensis, ou homo sapiens arcaico, é unha especie primitiva que xa se encamiñou cara o que se convertería no homo sapiens sapiens, podemos clasificalo como o noso devanceiro mais achegado. Presenta unha mestura de aspectos anteriores, fronte afundida e grande arco supraorbitario, e modernas, grande capacidade cranial, mandíbula moi simil á  humana…

Esta especie está moi discutida, pola falta de fósiles e polos seu parecidos con tantas outras especies; actualmente hai tres tendencias:
• Unha considera que forma parte, como subespecie, da especie homo heibergensis.
• Outra considera que é un antepasado do homo neardeltal e non do homo sapiens.
• E a máis actual considera que este é o antecesor do homo sapiens idaltu.

Homo rhodesiensis (homo sapiens arcaico)

bottom of page