
- Data Entre hai uns 280.000 e 28.000 anos
- Localización Europa e Asia occidental
- Descubrimento 1829, Engris (Bélxica): un espécime case completo.
- Cranio Calcúlase que a súa capacidade cranial era de máis l500cm3, o seu cranio tiña unha forma alargada e ancha, presentaba un “moño” occipital e un oco retromolar. A súa cara era ancha, cunha fronte pequena e inclinada, o seu nariz era grande e bulboso e as súas cuncas oculares eran grandes, protexidas por un arco ocular moi forte.
- Boca Era moi similar a do homo sapiens, diferenciase en que tiña un menor tamaño e a falta de queixo.
- Comportamento Estes seres, eran omnívoros e cazadores estacionarios, e dicir adaptábanse a estación na que vivisen.
Sabemos que a súa sociedade era complexa, pero xerárquica. Vivían en grupos de ata 30 individuos en zonas onde puidesen facer refuxios, ou onde houbese covas onde resgardarse. Practicaban ritos e enterramentos, polo que supoñemos que a súa cultura estaba avanzada. Ofrecían obxectos ornamentais a figuras e aos mortos, que supoñemos era o que marcaba a súa relixión.
Tiñan unha especie de linguaxe, descoñecemos ata que punto de complexidade foron capaces de chegar, fisioloxicamente eran capaces de producir as vogais a,i,u.
Homo Neanderthalensis
Os Homo neanderthalensis son, sen lugar a dúbida, a especie de homínido máis estudada de todas, xa que dispoñemos de sobre 400 exemplares case completos. Grazas a todos estes descubrimentos sabemos que:
• Eran seres preparados para o frío, presentaban unha forte musculatura, uns cranios alongados e anchos, con rostros robustos, narices grandes e bulbosas e unha complexión curta.
• A súa capacidade cranial era de 1500cm3 o que o pon a mesma altura que o homo sapiens.
• A súa boca era moi similar a humana con forma de V, pero diferenciábase polo seu menor tamaño e a falta de queixo.
• Tiñan unhas extremidades superiores máis longas e fortes que as humanas, ao contrario das inferiores, que eran de menor tamaño.
• O seu abdome tiña forma de barril e era de maior tamaño que o noso.
• O seu punto gravitatorio estaba lixeiramente botado cara adiante, o que alongou a pelve e fixo que andasen eslombados.
• Eran seres omnívoros, que se alimentaban principalmente de carne e froitos que recolectaban. Practicaban unha caza estacionaria.
• Eran capaces de fabricar ferramentas, menos desenvolvidas que as do homo sapiens, pero o suficientemente eficaces para cortar, despelexar, facer lume …

Para visualizar as animacións, necesitas 3DCT Plugin. Descarga o plugin (gratuito e de software libre) para Internet Explorer ou para Firefox, safari ou Chrome. Se segues sen poder velo, descarga este paquete de emerxencia.
• Vivían en grupos de ata 30 membros en pequenas “aldeas” de refuxios. Protexíanse grazas o lume.
• Xa tiñan conciencia de grupo e realizaban ritos relixiosos e enterramentos, sabemos que facían ofrendas florais e con obxectos ornamentais.
• Fisioloxicamente o Homo neanderthalensis podería haber empregado tres vogais: a, i, u; pero descoñecemos se tiñan unha linguaxe similar a nosa ou se se comunicaban a través de signos e sons.
Destes seres sabemos moitas cousas, pero descoñecemos ata que punto chegou a ser relacionar co homo sapiens. Algúns estudos din que puido haber intercambio de material xenérico, porén outras ramas afirman que fomos nós e non o cambio climático os causantes da súa desaparición.