
- Data Entre hai uns 300.000 e 160.000 anos
- Localización áfrica
- Descubrimento 1997, Herto (Etiopía): tres cranios.
- Cranio Tiña unha capacidade cranial de entre 1250 e 1350cm3, o seu rostro a súa nariz e o seu cranio eran moi similares ao noso.
- Boca -
- Comportamento -
Os homo sapiens Idaltu son os nosos antepasados máis directos, pero pola falta de fósiles, so se acharon tres en Etiopía, e unha especie moi discutida. De ser unha especie real a única diferenza que terían con nós sería a súa menor capacidade cranial.
Homo Sapiens
Estes somos nós, o último chanzo na árbore evolutiva e un dos seres máis complexos da Terra. Os nosos comportamentos sobrepasaron en complexidade os de calquera outra especie do planeta.
Na actualidade somos a única especie cunha capacidade de destrución total do planeta, e somos os superdepredadores por excelencia, xa que somos capaces de alimentarnos de calquera ser.
Seguimos a ser un grupo cambiante, e nos últimos anos algúns estudos revelan que esta a aumentar a nosa intelixencia e que, ao cambiar os nosos hábitos alimenticios, os premolares e os últimos pares de moas (moas do xuízo) están a comezar o seu proceso de desaparición.

Para visualizar as animacións, necesitas 3DCT Plugin. Descarga o plugin (gratuito e de software libre) para Internet Explorer ou para Firefox, safari ou Chrome. Se segues sen poder velo, descarga este paquete de emerxencia.
Homo Sapiens Idaltu
Homo Sapiens Sapiens
