top of page
  • Data Entre hai 3,3 a 2,1 millóns de anos
  • Localización África Austral (Sudáfrica)
  • Descubrimento 1924,  Taung (Sudáfrica): cranio dun neno
  • Cranio Estaba lixeiramente levantado, deixando unha maior caixa cerebral o que permitiu a súa maior capacidade cranial, 440cm3 de media. A súa cara era curta e presentaba unha mandíbula protuberante.
  • Boca A mandíbula presentaba un menor prognatismo e un menor tamaño das pezas dentais. O seu padal tiña unha forma de V moi similar á humana.
  • Comportamento Estes seres eran bípedes e omnívoros. Na súa dieta a carne xa era moito máis importante que os vexetais, por iso esta especie esta considerada como os primeiros “monos asasinos”. Estes seres xa fabricaban ferramentas de pedra e tiñan hábitos grupais para protección e caza.

Australopithecus africanus
 

O Australopithecus africanus é a primeira especie que se coñece que viviu na África Austral.  Presenta características que o fan dificilmente localizable na árbore da evolución, pero crese que viviu entre hai 3,3 e 2,1 millóns de anos. Destes seres dispoñemos dun amplo catálogo de fósiles, aínda que non temos todas os datos sobre ela, si que coñecemos bastantes, como:

• O seu cranio estaba lixeiramente erguido, deixando unha maior capacidade cranial, 440cm3 de media. A súa cara era curta, os seus ollos estaban lixeiramente enterrados  e presentaba unha mandíbula protuberante.
• A súa  mandíbula presenta un menor prognatismo e un menor tamaño das pezas dentais, xa que para estes seres tiña máis importancia a mastigación que o resto de funcións. O seu padal ten unha forma de V moi similar a humana, pero con menor numero de pezas.
• Estes seres eran bípedes e xa abandonaran os hábitos forestais.
• A súa pelve era máis pequena que a humana e presentaba un canal de parto menor.
• Altura: machos 1,38 m de media, femia 1,15 m de media
• Peso: machos 40Kg de media, femia 30 Kg de media
• Estes seres están considerados os primeiros “monos asasinos” pola importancia da carne na súa alimentación, os seus costumes de caza grupal e a súa capacidade para crear ferramentas de pedra.
• O seu dimorfismo sexual era moi significativo.
• Tiñan depredadores, polo que vivían en grupos xerarquizados.

 

As grandes incógnitas desta especie son tantas que para algúns científicos fan incluso cuestionarse a  existencia desta especie. Algunhas destas dubidas son:
• De onde proviñan estes seres?
• Como é que estes seres eran capaces de facer ferramentas?
• Como se relacionaban co resto de especies?
• Houbo intercambios con outros homínidos?
• Esta especie é realmente un predecesor dos homo?

Para visualizar as animacións, necesitas 3DCT Plugin. Descarga o plugin (gratuito e de software libre) para Internet Explorer ou para Firefox, safari ou Chrome. Se segues sen poder velo, descarga este paquete de emerxencia.

bottom of page