
- Data Hai 2,5 millóns de anos
- Localización África Oriental
- Descubrimento 1996, Bouri (Middle Awash, Etiopía): Parte dun cranio e pequenos fragmentos de ósos.
- Cranio Só dispoñemos de fragmentos dun, polo que non coñecemos con exactitude a súa forma, aínda que si que podemos dicir que a súa capacidade cranial era de 450 cm3
- Boca Sabemos moi pouco da mandíbula deste ser, xa que se descoñece se a mandíbula achada xunto co resto de fósiles pertence a esta especie ou a outra. Se consideramos que pertence a esta especie podemos dicir que este ser tiña unha mestura de características humanas e dos simios exemplificadas na forma de inicial de V do seu padal, pero este padal acaba cunha forma paralela similar a dos simios. Os seus molares e premolares seguían a ser grandes, aínda que reduciran o seu tamaño para deixar espazo a uns maiores caninos.
- Comportamento Estes seres eran bípedes e omnívoros. Na súa dieta a carne comezou a ocupar un espazo maior. Sabemos que estes seres xa fabricaban ferramentas sinxelas de pedra.
Australopithecus garhi
O Australopithecus garhi é un dos seres dos que máis dubidas temos, polos poucos espécimes que se atoparon, ata o de agora so dispoñemos dun individuo do que non estamos seguros se todos os ósos pertencen a el.

Descoñecemos moitos datos, como:
• Altura e peso.
• Comportamento.
• Se tiñan dimorfismo sexual.
• A veracidade da mandíbula atopada.
• Extensión do seu territorio?
O que si que sabemos destes seres é:
• A súa capacidade cranial era de 450cm3 .
• A súa boca era moi específica, xa que presenta unha forma inicial de V, como os humanos, pero remata de forma paralela, como os simios.
• Xa eran capaces de fabricar sinxelas ferramentas de pedra coas que extraían o tétano dos osos.
• Eran bípedes e omnívoros