top of page
  • Data Entre hai 3,85 e 2,95 millóns de anos
  • Localización África Oriental (Etiopía, Kenia e Tanzania)
  • Descubrimento 1974,  Hadar (Val do río Awash, Etiopía): Lucy e outros doce individuos.
  • Cranio Alongado cunha capacidade cranial similar a que ten un chimpancé, pero diferénciase deste na forma e na posición da cara que esta botada cara adiante.
  • Boca Moi similar á humana, cun padal amplo. Os seus molares e premolares eran planos e estaban recubertos dun esmalte groso. Os seus caninos, non sendo extremadamente grandes, xa estaban proxectados cara adiante e os incisivos eran relativamente grandes
  • Comportamento Seguían a vivir en zonas boscosas, aínda que xa pasaban moitas horas no chan. Eran bípedes, pero seguían tendo os dedos das mans alongados para trepar. Tiñan capacidades omnívoras.

Australopithecus afarensis
 

O Australopithecus afarensis é unha das especies das que temos máis información de todos os nosos antepasados, pola grande cantidade de fósiles atopados e mais polo grande número de ósos enteiros que temos. Os maiores descubrimentos foron: Lucy ( unha femia adulta da que se achou case a totalidade do seu corpo, a nena de Dikika da que tamén se atopou grande parte do seu corpo e ademais se achou o catálogo completo de dentes de leite e permanentes, e por último, as pisadas de Laetoli que confirmaron o bipedismo desta especie).
Grazas a estes descubrimentos e a outros moitos sabemos moitos datos sobre esta especie:

  • Tiñan unha pelve pequena e en posición de bípede.

  • Os seus dedos estaban curvados o que indica que era capaz de trepar.
  • Os seus pés xa estaban especializados para camiñar e distaban moito

    dos dos  simios.
  • O seu cranio era alongado e tiña cunha capacidade cranial similar a que 
ten un chimpancé. A súa forma dista da dun simio. A súa cara estaba botada cara adiante e presentaba unha mandíbula prominente

  • A súa boca era moi similar á humana, cun padal amplo en forma de V.    

   Os seus molares e premolares eran planos e estaban recubertos dun  

   esmalte groso. Os seus caninos, non sendo extremadamente grandes,

   xa estaban proxectados cara adiante e os incisivos eran relativamente

   grandes.
 • O seu peito presenta unha forma de campá diferente da humana.
 • Presentaban un forte dimorfismo sexual.
 • Altura: macho 1,50 m de media e femia 1 m de media.
 • Peso: macho 42Kg de media e femia 29 Kg de media.
 • Tiñan costumes omnívoros, comían follas, froitos e pequenos animais

   como lagartos.
 • Seguían a durmir e xogar nas árbores, pera xa pasaban moitas horas na

   terra.
 • Polo seu tamaño cranial supoñemos que xa eran capaces de fabricar

   sinxelas ferramentas de madeira.
 

Aínda que temos todos estes datos sobre o A. afarensis seguimos descoñecendo moitos outros, como:


• A súa poboación distribuíase por toda África?
• Como camiñaban concretamente?
• Como eran as súas relacións sociais?
• Como podemos relacionar os seus fortes molares coa dieta que cremos que inxerían?

Para visualizar as animacións, necesitas 3DCT Plugin. Descarga o plugin (gratuito e de software libre) para Internet Explorer ou para Firefox, safari ou Chrome. Se segues sen poder velo, descarga este paquete de emerxencia.

bottom of page