top of page
  • Data Entre hai uns 1,89 millóns  e 146.000 de anos
  • Localización Europa e Asia
  • Descubrimento 1891, Indonesia: un cranio, uns dentes e un fémur.
  • Cranio Cunha grandísima capacidade cranial entre 860 e 1100 cm3. A forma do seu cranio varia se falamos do homo erectus erectus (Europa) ou do homo erectus pekinensis (Asia), no caso do primeiro o cranio era pequeno e redondeado, cunhas grandes meixelas, unha boca máis achata, un pequeno nariz e unha fronte pequena. No caso do segundo, o cranio era mais alongado, cunhas grandes cuncas oculares, un nariz máis grande e unha boca menos achatada.
  • Boca A súa mandíbula xa era moi similar á nosa, con forma de V, incisivos e caninos grandes e molares e premolares pequenos. Pódese resaltar que estes seres xa comezaron coa progresiva redución de tamaño dos dentes inferiores.
  • Comportamento Estes seres seguiron a ser omnívoros, aínda que a carne xa tiña unha importancia moito maior. Foron os primeiros homínidos en abandonar completamente as arbores, vivían en covas nas que se protexían dos depredadores, sabemos que xa coñecían o lume e que o empregaban para cociñar as súas presas, protexerse e máis quentarse polas noites. Tiñan ferramentas de moitísimos tipos, feitas de pedra, madeira e oso, que xa empregaban para moitas máis accións que a caza.

A súa sociedade era moi machista, os homes cazaban mentres as mulleres coidaban dos nenos e cociñaban, ademais os homes eran os que comían primeiro, e eles eran os que escollían as femias coas que se quería acostar.

Homo erectus

O homo erectus e un dos eslavons máis importantes da arbore evolutiva do ser humano. Viviu entre hai 1,89 millóns e 146.000 de anos. Foi unha especie cunha importante dispersión, chegou a cubrir Europa e Asia, e a causa desta dispersión conta cun grande número de subespecies. As máis importantes son o homo erectus erectus e o homo erectus pekinensis.
A súa capacidade cranial aumentou moito respecto os seus antepasados, ata 1100 cm3, isto fixo necesario que aumentase o aporte de proteínas a súa dieta, polo que se especializou case completamente nos alimentos de orixe animal. A forma do cranio non é igual para todas as subespecies, para o homo erectus erectus tiña unha forma mais pequena e redondeada, cunhas grandes meixelas, unha boca máis achata, un pequeno nariz e unha fronte pequena. No caso do homo erectus pekinensis o cranio era mais alongado, cunhas grandes cuncas oculares, un nariz máis grande e unha boca menos achatada.
A súa mandíbula xa era moi similar a nosa, con forma de V, incisivos e caninos grandes e molares e premolares pequenos. Pódese salientar que estes seres xa comezaron coa progresiva redución de tamaño dos dentes inferiores. Hai que destacar que estes seres que foron os primeiros homínidos en abandonar completamente as arbores, vivían en covas nas que se protexían dos depredadores, sabemos que xa coñecían o lume e que o empregaban para cociñar as súas presas, protexerse e máis quentarse polas noites. Tiñan ferramentas de moitísimos tipos, feitas de pedra, madeira e oso, que xa empregaban para moitas máis accións que a caza.
A súa sociedade era moi machista, os homes cazaban mentres as mulleres coidaban dos nenos, cociñaban e facían as labores de recolección, ademais os homes eran os que comían primeiro, e eles eran os que escollían as femias coas que querían ter relacións.

 

 

Para visualizar as animacións, necesitas 3DCT Plugin. Descarga o plugin (gratuito e de software libre) para Internet Explorer ou para Firefox, safari ou Chrome. Se segues sen poder velo, descarga este paquete de emerxencia.

Aínda que sabemos todo isto acerca dos homo erectus aínda temos moitas dúbidas acerca deles:
• Son realmente antepasados nosos?
• A que se debeu a súa dispersión?
• Son o homo ergaster e georgicus subespecies deste ser?
• Como conseguían o lume realmente?

 

bottom of page