
- Data Fai 1,977 millóns de anos
- Localización África Austral
- Descubrimento 2008, Cova Malapa (Sudáfrica): Un espécime case completo
- Cranio De reducido tamaño, apenas 450cm3, presentaba unha forma alongada, cunha cara avanzada e un nariz pequeno
- Boca Estes seres dispoñían dunha mandíbula en forma de V similar á humana, cuns dentes pequenos que nos proporcionan información acerca da súa dieta baseada en alimentos brandos. Os seus caninos nos mostran a súa predilección pola carne, tamén podemos resaltar o tamaño das moas.
- Comportamento Estes seres eran bípedes e omnívoros. Na súa dieta a carne xa era máis importante que os vexetais. Os seus grandes polgares nos mostran que estes seres xa eran capaces de crear ferramentas sinxelas.
Australopithecus sediba
O Australopithecus sediba é unha das especies menos estudadas de toda a familia Australopithecus, porén esta é unha das especies con espécimes mellor conservados, xa que contamos con máis de 130 pezas e de tres espécimes case completos.
Esta especie móstrase como a que pode ser o paso intermedio entre os Australopithecus e os homo, xa que conta con características de ambas as ramas.
O seu cranio ten reducidas dimensións, menos de 450cm3, unha forma alongada, unha cara avanzada e un nariz de reducidas dimensións.
A súa boca garda maior similitude cós homo, xa que, as súas pezas son de pequeno tamaño e mostran unha especialización na carne, cuns caninos máis grandes e uns molares e premolares moito máis pequenos.


As súas extremidades son similares ás do resto de Australopithecus, pola súa forma alongada. A súa pelve e os seus pés amósanos que era bípede e que se desprazaba dunha forma similar aos humanos.
Presentaban un dimorfismo sexual que non podemos clarificar con exactitude, xa que só coñecemos unha femia adulta, os demais restos son de nenos.
A súa altura e peso só podemos estimala para os individuos xoves; está rondaría o metro e medio e o seu peso os 25Kg.
Non coñecemos moitos datos do seu comportamento, xa que os restos que se atoparon son os pertencentes a unha femia e un rapaz que caeron por un pozo e mais o doutro neno que parece que morreu tamén dunha caída ou dun golpe. O que si podemos dicir, grazas aos seus longos polgares, é que esta especie xa debía de ser capaz de fabricar ferramentas.
Desta especie descoñecemos:
• A súa Secuenciación exacta e a seu territorio.
• Ata que punto teñen relación cos homo.
• A súa relación co resto de especies do seu tempo.