top of page

The Human Evolution 

Intrudoción

Nesta páxina web imos recorrer a evolución dos homínidos, dende os primeiros bípedes ata o home moderno.

Pero, primeiro, imos responder a pregunta: que é a evolución?
 

A evolución é o proceso mediante o cal se suceden unha serie de cambios (adaptacións, extincións, diversificacións, mutacións …) sobre unha especie ao longo da historia conseguindo que  aparezan outras distintas.
As teorías evolucionistas naceron na antiga Grecia, pero o seu verdadeiro impulso foi durante o século XIX grazas o traballo de Lamarck e Darwin.  O segundo propuxo a teoría da “selección natural” mediante a cal as especies irían modificándose segundo as circunstancias do medio para sobrevivir.
Na actualidade a teoría da selección natural é a máis estendida.
 
Agora volvamos ao home.



Para falar da historia do home hai que retroceder ata fai mais de 180 millóns de anos cando apareceron os primeiros mamíferos. Estes remotos devanceiros proviñan dunha evolución intermedia, dos  sinápsidos. Estes seres, considerados como os predecesores dos mamíferos, eran moi similares aos réptiles, pero xa contiñan algúns aspectos semellantes aos que mostramos nós, por exemplo, comezaron a ter pelos e mais  a ser homotermos; é dicir, xa eran capaces de manter a súa propia temperatura corporal.
 

O aspecto que ofrecían estes seres primitivos era máis similar ao que ten un roedor que ao que temos case todos os mamíferos, pero co paso do tempo foron sufrindo cambios que os asemellaron máis a súa futura dinastía de especies. Algúns destes cambios foron: a desaparición por completo das escamas, o aumento do cranio, a relocalización dos ollos e a súa a maior mobilidade …
 

Ó longo dun proceso evolutivo de millóns de anos moitas especies xurdiron, outras desapareceron e outras moitas mudaron ata chegar ós primeiros homínidos que sufriron un proceso similar de cambios e extincións que levan ás especies de homos e de primates coñecidas hoxe en día.
No último terzo do século XX acháronse novos restos óseos de diversos homínidos que permitiron construír a súa liña evolutiva.

 

Son comprensibles as dificultades á hora de interpretar o aspecto, os comportamentos, os costumes, as dietas, a capacidade de comunicación, a capacidade de ter linguaxe e mente consciente, etc… dispondo unicamente de uns poucos ósos e ferramentas de pedra pero os científicos non renuncian a seguir descubrindo todo o posible acerca dos nosos antecesores.
Aínda hai moito traballo por facer e os novos descubrimentos e técnicas de investigación ás veces confirman e outras veces cuestionan as teorías asentadas.  

Nesta páxina imos seguir unha mestura do punto de vista da evolución puntualista, encabezado polo Smithsonian, e o gradualista, encabezado polo Royal  Belgian Institute of Natural Science. 

En cada páxina describimos as principais características dos prehomínidos recoñecidos pola comunidade científica e ordenados de maior a menor antigüidade dentro de cada familia.

 A evolución dos hominidos 

bottom of page