
- Data Entre hai uns 600.000 e 250.000 anos
- Localización Europa e Africa
- Descubrimento 1907, Mauer (Alemaña): unha mandíbula.
- Cranio Calcúlase que a súa capacidade cranial era de máis l350cm3, o seu cranio estaba “inflado” en comparación co dos erectus, presentaba unha traseira do cranio redonda, un rostro achatado, cunhas meixelas grandes e unhas fraccións rudas, similares as dos homo neardeltalis
- Boca Sabemos que tiña forma de V, pero descoñecemos como eran os seus dentes.
- Comportamento Cremos que eran omnívoros e que non eran moi bos cazadores, xa que as ferramentas que se encontraron eran moi bastas. Estes seres xa realizaban refuxios de forma ovalada onde se encontraron restos de cinzas, o que indica que xa coñecían o lume. Sabemos que foron os primeiros seres en realizar enterramentos, polo que cremos que na súa sociedade a relacións xa eran moito máis importantes que nos seus antepasados.
Homo heidelbergensis
O Homo heidelbergensis é unha especie moi confusa, porque se encontraron restos moi dispersos e de épocas moi diferentes, pero cos mesmos restos. Na actualidade non se coñece con exactitude onde colocalo na arbore evolutiva do ser humano; eu, persoalmente, creo que se encontra entre o homo antecesor e o neardental, polo que xa non sería un antepasado directo noso.
A súa capacidade cranial é bastante grande 1350cm3, o seu cranio estaba “inflado” en comparación co dos erectus, presentaba unha traseira do cranio redonda, un rostro achatado, cunhas meixelas grandes e unhas fraccións rudas, similares as dos homo neardentais. Da súa boca só coñecemos que a mandíbula tiña forma de V, descoñecemos como eran os seus dentes, porque se encontraron pezas soltas que non se corresponden entre elas.
Cremos que eran omnívoros, aínda que non se sabe se clasificalos de cazadores, porque as ferramentas que se encontraron eran moi bastas.
O seu comportamento era máis humano realizaban refuxios, xa coñecían o lume e realizar enterramentos.
Descoñecemos moitos datos destes seres, polo que é difícil corroborar a súa existencia.

Para visualizar as animacións, necesitas 3DCT Plugin. Descarga o plugin (gratuito e de software libre) para Internet Explorer ou para Firefox, safari ou Chrome. Se segues sen poder velo, descarga este paquete de emerxencia.
